Montserrat

Montserrat
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe toponímica. Deriva do nome catalán Mont-serrat ‘monte serrado’, ‘monte en forma de serra’. Presenta o hipocorístico Montse. A finais do s XIX o Papa León XIII proclamouna patroa de Catalunya. Na iconografía represéntase como unha Virxe de pel negra (de aí o alcume catalán de la Moreneta), que leva o neno no colo. A súa festividade celébrase o 27 de abril.

Palabras veciñas

Montserrat | Montserrat | Montserrat | Montserrat | Montt, Manuel | Montuïri | montuoso -sa