Monza

Monza

Cidade da provincia de Milán situada en Lombardia, Italia e atravesada polo río Lambro (117.068 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de San Giovanni Battista, fundada no s VI, reconstruída no XIII e ampliada no XIV. No interior, na capela de Teodolinda, consérvase a coroa de ferro (ss V-VIII), que se utilizaba, na Idade Media, para coroar os reis de Italia. Conta cun circuíto automobilístico onde se disputa o GP de Italia.