Mora

Mora

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos Montes de Toledo, no límite occidental da Mancha (9.485 h [2001]). A economía baséase na agricultura, onde destacan os cultivos de cereais, legumes, vide e oliveiras e as industrias derivadas. Posúe manufacturas diversas como fabricación de tecidos, mármore e cerámica.