Morales Godó, María Luz
Escritora e xornalista. Realizou os seus estudos en Barcelona e alí comezou a traballar en diversos xornais como La Vanguardia ou El Diario de Barcelona. Moitas das súas colaboracións xornalísticas centráronse na crítica teatral e foi unha destacada activista do movemento galeguista. Foi fundadora da editorial Surco, dirixiu a serie Universitas, a Enciclopedia SALVAT e a revista Lecturas. Das súas obras literarias destacan Trovas de otros tiempos (1928), Las románticas (1930), Romance de media noche (1935), Una ventana al Atlántico (1955) e Libro de oro de la poesía en lengua castellana (1970). Recibiu numerosos premios, como o Premio Nacional de Teatro (1965), o Premio D’Ors da Asociación de Prensa (1970) ou o Lazo de Isabel la Católica (1971).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Barcelona