Morán
Morán
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que leva, en campo de azul, cinco puntas de lanza de prata, manchadas de sangue e colocadas en aspa. Outra variante trae, en campo de prata, un león rampante de azul. Outros ostentan, en campo de goles, tres bandas de azul, acompañadas de dúas flores de lis de ouro, unha no alto e outra no baixo.