Moratalla
Moratalla
Municipio de Murcia, situado ao NO do sistema montañoso do Campo de Caravaca (8.593 h [2001]). A agricultura é a principal actividade económica, cun predominio do regadío con cultivos de froiteiras, hortalizas e forraxe. Tamén ten importancia a gandaría. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo situado no núcleo antigo, reconstrución dunha antiga fortaleza árabe; e atopáronse restos iberos en Los Castillos.