morcilla

morcilla

(< lat tardío mauricella ‘da cor escura do sangue’)

s f [ALIM]

Embutido feito coa tripa grosa do porco, que se enche cunha mestura de sangue do animal, azucre, fariña e outros ingredientes. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Ao comer as morcillas rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar”.

Palabras veciñas

Morcego, Teatro do | Morcelle | Morchella | morcilla | Morcín | mordacidade | mordate