mordedela

mordedela

(< morder)

  1. s f

    Acción de morder ou trabar.

    Sinónimos: trabada, mordedura, mordida.
  2. s f

    Ferida ou sinal que se fai ao trabar ou morder.

    Ex: O can deixoulle unha mordedela na perna.

    Sinónimos: bocado, trabada, mordedura, mordida.
  3. s f

    Anaco que se saca dunha cousa ao trabala. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia a mordedela é considerada de menor importancia ca a mordedura.

    Ex: Fáltanlle unhas mordedelas ás orellas de entroido que fixeches.

    Sinónimos: trabada, mordida.

Palabras veciñas

Mordaunt, Charles | mordaz | mordaza | mordedela | mordedor -ra | mordedura | mordenita