bocado

bocado

(< boca)

  1. s m

    Parte de alimento que se mete dunha vez na boca.

    Ex: Con eses bocados tan grandes que metes na boca vaste esganar.

  2. s m

    Acción na que se arrinca un cacho dun alimento cos dentes.

    Ex: Dáme un bocado dese pastel que traes.

  3. s m

    Anaco dun alimento que se arrinca coa boca.

    Ex: Comeu a chula en dous bocados.

  4. s m

    Mordedura ou ferida que se fai cos dentes.

    Ex: Deulle un bocado no brazo e deixoulle os dentes marcados.

    Sinónimos: chantada, dentada, trabada, trabadela, trabadura, mordedela, mordedura.
  5. s m

    Comida apetitosa.

    Ex: Ofreceunos distintos bocados cando chegamos á súa casa.

  6. s m

    Espacio de tempo moi curto. OBS: Nesta acepción adoita empregarse o diminutivo, bocadiño.

    Ex: Só tardou un bocado en ir e vir. Tráiocho nun bocadiño.

    Sinónimos: instante, intre, retrinco, momento. Confrontacións: anaco.
  7. s m

    Parte do freo que entra na boca das cabalgaduras e que se emprega para dirixilas.

    Ex: Ponlle o bocado ó cabalo que imos marchar.

    Sinónimos: bocal.
  8. s m

    Freo dunha cabalería.

    Ex: Para saberes montar a cabalo, o primeiro que tes que aprender é a frear o animal co bocado.

    Sinónimos: bocal.
  9. s m [PESCA]

    Parte curva do anzol.

  10. s m

    Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bocado’.

Frases feitas

  • Comer nun bocado. Comer ás présas.

  • De alí a un bocado. Un pouco de tempo máis tarde.

  • Non haber/ter para un bocado. Ser moi escasa a comida ou non ter medios económicos.

  • Comer o bocado de Adán. Ser servido en último lugar, en castigo de ingratitude e mala correspondencia.

  • Contarlle a alguén os bocados. Fixarse no que come ou terlle envexa do que come.

  • Meterlle a alguén un bocado na boca. Dar de comer a quen o necesita.

  • Non pasar bocado. Non ser capaz de comer por ausencia de apetito.

  • Saír co bocado na boca. Marchar ao acabar de comer.

  • Ser algunha cousa bocado caro. Aplícase a algún produto cando polo seu prezo non está ao alcance de todo o mundo.

  • Ser un bocado de pan. Aplícase á persoa moi boa e que é de fiar.

  • Tomar un bocado. Comer algunha cousa para entreter o estómago.

  • Un bocadiño para un neno que se desteta. Moi pouca cantidade.