bocadoce

bocadoce
Nome científico: [Hexanchusgriseus, Fam dos hexánquidos]
s m [ANIMAL/ICT]

Quenlla que pode superar os 5 m de lonxitude; caracterízase por ter seis branquias, unha cola que mide unha cuarta parte da lonxitude total, a cabeza máis ancha ca o tronco e case plana pola parte superior e tan só unha aleta dorsal detrás das ventrais. É de cor gris acastañada, xeralmente cunha franxa máis clara na liña lateral. Propia dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e do Mar Mediterráneo, é unha especie carnívora que se alimenta dunha gran variedade de especies mariñas entre as que se poden atopar outras quenllas. Resulta moi difícil que ataque ao home.

Sinónimos