anaco

anaco

(< *ann- ?)

  1. s m

    Unidade menor que resulta da división doutra maior.

    Ex: Dádesme un anaco da torta que estades a comer?

    Sinónimos: fragmento, porción, trisco. Confrontacións: parte, parte.
  2. s m

    Porción breve de tempo.

    Ex: Vou á cociña a beber un vaso de auga e volvo nun anaco.

    Sinónimos: momento.
  3. s m [TÉXT]

    Porción ou parte pequena dalgunha cousa.

    Ex: Se pos o patrón deste xeito sóbrache máis anaco de tea.

    Sinónimos: retallo.

Formas incorrectas

pedazo, trozo