parte

parte

(< lat parte)

    1. s f

      Cousa, considerada por separado, que se integra nun todo xunto con outra ou outras.

      Ex: Esta parte do motor é a que está avariada. Desfixo o moneco en cantas partes puido.

    2. s f

      Conxunto de elementos que forman un todo.

      Ex: Fixo unha foto dunha parte do xardín. A unha parte do equipo non lle gusta o novo adestrador.

    3. s f

      Cada unha das divisións que se poden observar nunha cousa ou que se fan dunha cousa.

      Ex: A segunda parte do discurso foi a que máis me gustou. Dividiu o biscoito en oito partes.

    4. s f

      Obra completa que está relacionada con outra ou con outras con que forma unha unidade.

      Ex: Publicaron a última parte da triloxía sobre o mundo celta. 

    5. parte decimal [MAT]

      Nun número real calquera x, diferenza entre x e o enteiro inmediatamente inferior a el en valor absoluto. Por exemplo, a parte decimal de 3,12 é 0,12; a de -2,86 é 0,86.

    6. parte enteira [MAT]

      Nun número real calquera x, número enteiro inmediatamente inferior a x en valor absoluto. Indícase formalmente por E(x), ent (x) ou ben [x].

    7. parte dun conxunto [MAT]

      subconxunto.

  1. s f
    1. Aquilo que toca a cada un cando se distribúe unha cousa entre dúas persoas ou máis. Na tradición oral recóllense ditos como: “Sempre leva a mellor parte o que en conciencia reparte. Quen parte e reparte leva para si a mellor parte. O que parte leva para si a peor parte”.

      Ex: Dádelle a cada un a súa parte. Reclaman a súa parte da herdanza. 

    2. [ESPECT]

      Aquilo que lle corresponde interpretar a un actor ou cantante.

    3. [PESCA]

      Cantidade variable de diñeiro que percibe cada tripulante dun barco de pesca como pagamento pola súa faena, e que resulta de repartir en partes iguais o importe que se obtén despois de deducir os gastos comúns.

  2. s f
    1. Cada unha das persoas ou grupos que participan nunha loita, disputa ou confrontación.

      Ex: Gañou as eleccións o representante da parte crítica do partido.

    2. Cada unha das persoas que ten intereses diferentes nun asunto común.

      Ex: Non podo opinar porque son parte interesada no proceso. 

    3. [DER]

      Persoa ou suxeito nunha relación xurídica. Na tradición oral recóllense ditos como: “En xustiza, xuíz e parte é mala arte”.

    4. [DER]

      Persoa que preitea como demandante ou como demandado.

  3. s f

    Punto ou rexión do espazo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Por todas partes se vai á miña casa/a Roma. O que ten arte vai por todas partes. En todas partes hai cans descalzos. En todas partes erguen e baixan. En todas partes hai que ver”.

    Ex: Por que non imos tomar un café a algunha parte? O vento sopra da parte do poñente. Por esta parte a casa é máis luminosa.

    Confrontacións: lado, lado.
  4. s f pl

    Órganos xenitais externos.

    Ex: Para defenderse deulle unha patada nas partes. 

  5. s m
    1. Comunicación breve que se envía para dar noticia urxente de algo.

      Ex: Os xornalistas esperaban o parte de guerra.

    2. Documento en que consta esa comunicación breve.

      Ex: Ao longo do día estendeu varios partes médicos.

  6. s m

    Comunicación de calquera tipo que se transmite por telégrafo, teléfono, radio ou televisión.

    Ex: Oían o parte co transistor pegado á orella. Xa ofreceron o parte meteorolóxico.

  7. s m

    Comunicación escrita ou oral en que un traballador dá conta de algo ao seu superior.

    Ex: O xefe pediulle un parte co estado do almacén.

Frases feitas

  • Á parte loc adv Nun lugar separado. Ex: Coloca esta caixa á parte.

  • En parte loc adv Non enteiramente.

  • Por partes. Gradualmente. Ex: Fixemos o traballo por partes.

  • 2 loc prep En nome ou por encarga de. Ex: A orde veu de parte da directora. Tróuxollo de parte do seu tío.

  • 2 loc prep Excepto. Ex: Á parte de teu irmán, ninguén apoiou a miña postura.

  • 2 Denunciar algo á autoridade competente. Ex: Foi dar parte á policía.

  • Á parte de 1 loc prep Ademais de. Ex: Á parte de ti, aínda non chegou ninguén máis.

  • Dar parte 1 Notificar algo. Ex: Non deu parte aos seus superiores e foi amoestado.

  • De parte a parte loc adv Dun lado ao outro oposto. Ex: Atravesou a orella de parte a parte.

  • De parte de 1 loc prep En favor de. Ex: Espero que esteas de parte del.

  • Dun tempo a esta parte. Desde hai algún tempo. Ex: Dun tempo a esta parte, todo son malas novas.

  • Dunha parte... doutra parte/por unha parte... por outra parte. Desde un determinado punto de vista. Ex: Por unha parte quero ir, pero por outra parte non sei se debo.

  • Parte por parte. Sen omitir nada.

  • Pola miña (túa, súa...) parte. Polo que a min (ti...) respecta. Ex: Pola miña parte non hai obxección.