lado

lado

(< lat latu)

  1. Lago de Rusia, situado na oblast’ de Leningrado. É o máis grande de Europa (18.135 km2, 51 m de profundidade media e 230 m de máxima). De orixe tectónica, está transformado polo influxo de glaciares cuaternarios. Ten unhas 600 illas e nel desembocan os ríos Volkhov, Svir’ e Vuoksa e nace o río Neva.

  2. s m
    1. Parte do espacio, dunha área ou dun obxecto contemplada por oposición a outra.

      Ex: Traballa no lado norte da cidade.

    2. Cada unha das consideracións que se poden ter en conta sobre un tema.

      Ex: Non vexas o lado negativo do asunto.

  3. s m

    Sitio ou lugar distinto doutro.

    Ex: Non nos encontramos porque el foi por un lado e eu vin polo outro.

  4. s m
    1. Parte que con relación ao centro está situada á dereita ou á esquerda de algo ou de alguén.

      Ex: O lado dereito do coche ten un croque.Tes unha perfeba no lado dereito.

    2. Parte do corpo humano desde a axila á cadeira ou a parte correspondente do corpo dun animal.

      Ex: Deu un golpe no lado esquerdo.

      Sinónimos: costado.
  5. s m

    Cada unha das caras opostas dun obxecto plano.

    Ex: Por un lado da folla aparecen os datos persoais e polo outro os do cuestionario.

  6. s m

    Bando que se adopta en oposición a outro.

    Ex: Despois de moitos anos reuniranse os dun lado e os do outro.

  7. s m

    Parte dun corpo, dunha superficie ou dun lugar que está máis próxima aos seus límites.

    Ex: Colocaron os carteis nos lados da fachada.

    Confrontacións: beira, beira.
  8. s m [MAT]

    Cada un dos límites dunha superficie ou dun polígono.

    Ex: O triángulo escaleno ten os tres lados desiguais.