Ladoga

Ladoga

Lago de Rusia, situado na oblast’ de Leningrado. É o máis grande de Europa (18.135 km 2 , 51 m de profundidade media e 230 m de máxima). De orixe tectónica, está transformado polo influxo de glaciares cuaternarios. Ten unhas 600 illas e nel desembocan os ríos Volkhov, Svir’ e Vuoksa e nace o río Neva.