beira

beira

(< lat v barĭa‘ribeira’)

  1. s f

    Parte na que remata unha cousa ou que serve de límite respecto doutra.

    Ex: Mira se caeu ó chan porque quedou na beira da mesa. 

    Sinónimos: beirado, beiril, bordo, marxe, orela, ourela, bordo. Confrontacións: lado, lado.
  2. s f

    Cada unha das lousas que constitúen un beirado.

    Ex: Hai que cambiar dúas beiras que están rotas. 

  3. s f

    Límite dunha propiedade con outra.

    Ex: Con tanta vexetación xa non se sabe onde están as beiras da veiga. 

    Sinónimos: estrema, límite, linde.
  4. s m

    Termo da xerga das palilleiras que designa a ‘tea colocada nos extremos da almofada’.

Frases feitas

  • (Á) beira de loc prep 1. Nun lugar cercano a, próximo a. SIN: a carón de, a par de, ao lado de, ao pé de, onda, xunta. Ex: Ponte á beira da túa irmá. 2. Aproximadamente, arredor de. SIN: ó pé de. Ex: Ata Mondoñedo haberá á beira duns cen quilómetros.

  • Buscar as beiras. Molestar insistentemente a alguén.

  • Casar alguén á beira da estrada. Casar cun cónxuxe adiñeirado.

  • Facer as beiras. 1. Adular a alguén por interese propio ou por comenencia. Ex: Sempre lle anda a facer as beiras ao xefe. 2. Namorar a alguén. Ex: Non precisou facerlle as beiras moito tempo para acabar casando.

  • Non estar nin ao vao nin á beira. Non atender nin a unha cousa nin a outra.

Palabras veciñas

Beira | Beira | Beira | beira | Beira | Beira, Principado da | Beira, Xoán de