bordo
(< fr bord < francobord ‘lado da nave’)
-
s
m
Extremo onde remata un obxecto.
Ex: Quedou sentado no bordo da estrada.
Sinónimos: beira, marxe, beira. -
s
m
[MAR]
Costado dun barco, dende a auga ata a borda.
Ex: Xa preparei o material para pintar o bordo do barco.
-
[ARQUEOL]
-
s
m
Liña que delimita o contorno dos útiles líticos sobre soporte natural ou dos produtos da talla retocados (lámina ou lasca).
-
bordo abatido
Bordo dunha industria lítica de sílex modificado por retoque abrupto, de tal xeito que o seu gume queda cegado. Pode atoparse en lascas (coitelos de dorso), láminas (gravettes) ou laminiñas (laminiñas de dorso).
Sinónimos: dorso.
-
s
m
-
[INFORM]
-
s
m
Liña pechada que delimita unha figura, signo ou imaxe na súa representación gráfica nun ordenador. Habitualmente, as súas características poden ser modificadas, por exemplo ampliando ou diminuíndo o seu grosor, cambiándolle de cor ou facéndoo discontinuo.
-
bordo suave
Nunha imaxe gráfica, un límite entre dúas zonas que é difuso e algo borroso.
-
s
m
-
s
m
[HERÁLD]
-
Peza fundamental que bordea o campo do escudo, tendo de anchura a sexta parte do mesmo.
-
bordo componado
Bordo formado por cadros alternos dun metal e dunha cor diferentes da do esmalte do campo.
-
bordo denticulado
Bordo formado por dentes de ángulos agudos tocando a beira do escudo, xeralmente cos esmaltes alternos e diferentes do do campo.
-
bordo de pezas
Bordo que se diferenza do componado en que un dos seus dous esmaltes é o mesmo do campo e porque, das pezas resultantes, hai unha en cada canto superior do escudo, formando ángulo recto.
-
bordo do escudo
Bordo que arrodea todas as particións dun escudo.
-
-
s
m
[COMUN]
Tipo de publicidade que se realiza en medios de transporte aéreos, fundamentalmente nas publicacións que edita a propia compañía, coñecida como publicidade a bordo.
Frases feitas
-
A bordo (de). Expresión que se refire a unha nave, barco, tren, avión, etc, ou ao seu interior. Ex: Non foi quen de subir a bordo do avión. Van de lúa de mel a bordo dun trasatlántico.
-
De a bordo. Aplicase ás persoas ou cousas que están embarcadas. Ex: Segundo os mariñeiros, a faena de a bordo éche moi dura.
-
Ó bordo de loc prep Expresión referida a unha acción xa mencionada que está a piques de acontecer. Ex: Tralo accidente estivo ao bordo da morte.
-
Subir a bordo. Construción que equivale a subir a unha embarcación. Ex: Subir a bordo e marearse foi todo un.