bordón

bordón

(

  1. s m

    Bastón ou caxata de peregrino, de forma cilíndrica, que lle serve de apoio mentres camiña. Posúe unha altura superior á dunha persoa e componse de dous ornamentos: o primeiro, sobre os tres cuartos da vara, a xeito de traveseiro e o segundo no extremo superior, a xeito de pomo.

    Ex: Os peregrinos axúdanse dos seus bordóns para salvar a esgrevia orografía do Camiño de Santiago.

  2. s m [LIT]
    1. Apéndice estrófico que se engade en ocasións á seguidilla, que pasa a denominarse seguidilla composta. Componse de tres versos: o primeiro e o terceiro pentasílabos con rima asonante e o segundo heptasílabo sen rima.

    2. Retrouso que se repite nunha canción ou nunha composición poética.

      Ex: Diche sempre o mesmo, non cambia de bordón.

  3. s m [MÚS]

    Corda da zanfona que emite unha nota sostida e moi grave, que fai ás veces de ronco da gaita. Está feita de tripa, cunha cobertura metálica que se recobre de algodón na parte na que a corda friciona na roda, que á súa vez debe estar impregnada de resina. Na zanfona o bordón emite a nota da tonalidade dominante.

  4. s m [ARQUIT]

    Moldura semicircular e convexa.

Palabras veciñas

bordo | Bordo | bordoado -da | bordón | bordonciño | Bordone, Paris | bordoneiro