costado

costado

(

  1. s m

    Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo do home ou dos animais.

    Ex: Fun ó médico porque teño unha dor no costado esquerdo. Para poder durmir teño que estar deitado sobre o costado dereito.

    Confrontacións: costelar.
  2. s m
    1. Parte lateral dun obxecto que ten parte dianteira e traseira ou que se imaxina percorrido en dirección lonxitudinal.

      Ex: Os bandoleiros apostábanse nos costados dos camiños. A un costado da cama teño unha mesa de noite, e ó outro unha pequena cadeira.

    2. [MAR]

      Parte da embarcación comprendida entre a liña de flotación e a cuberta en toda a súa lonxitude. Xeralmente, nomease así a parte exterior do casco da embarcación.

      Sinónimos: flanco.
    3. [BÉL]

      Lado esquerdo ou dereito dunha formación militar.

      Sinónimos: flanco.
  3. s m
    1. Cada unha das caras opostas dun obxecto.

      Ex: O monte estaba nevado polos dous costados. As moedas tiñan por un costado a imaxe do rei.

      Sinónimos: lado, lado.
    2. [MAT]

      Cada unha das liñas que limitan unha superficie.

      Ex: Neste problema temos que atopar a área do triángulo do que coñecemos o valor dos tres costados.

      Sinónimos: lado, lado.
  4. s m

    Calquera parte do espazo que circunda un obxecto, considerada en oposición ás demais.

    Ex: A cidade está sufrindo un asedio por todos os costados.

  5. s m [PAT]

    pneumonía.