costado
(
-
s
m
Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo do home ou dos animais.
Ex: Fun ó médico porque teño unha dor no costado esquerdo. Para poder durmir teño que estar deitado sobre o costado dereito.
Confrontacións: costelar. -
s
m
-
Parte lateral dun obxecto que ten parte dianteira e traseira ou que se imaxina percorrido en dirección lonxitudinal.
Ex: Os bandoleiros apostábanse nos costados dos camiños. A un costado da cama teño unha mesa de noite, e ó outro unha pequena cadeira.
-
[MAR]
Parte da embarcación comprendida entre a liña de flotación e a cuberta en toda a súa lonxitude. Xeralmente, nomease así a parte exterior do casco da embarcación.
Sinónimos: flanco. -
[BÉL]
Lado esquerdo ou dereito dunha formación militar.
Sinónimos: flanco.
-
-
s
m
-
Cada unha das caras opostas dun obxecto.
Ex: O monte estaba nevado polos dous costados. As moedas tiñan por un costado a imaxe do rei.
Sinónimos: lado, lado. -
[MAT]
Cada unha das liñas que limitan unha superficie.
Ex: Neste problema temos que atopar a área do triángulo do que coñecemos o valor dos tres costados.
Sinónimos: lado, lado.
-
-
s
m
Calquera parte do espazo que circunda un obxecto, considerada en oposición ás demais.
Ex: A cidade está sufrindo un asedio por todos os costados.
-
s
m
[PAT]
pneumonía.