flanco

flanco

(< fr flanc)

  1. s m [ANAT]

    Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo dun animal.

    Confrontacións: costado.
  2. s m
    1. Cada unha das partes laterais dunha cousa.

    2. [XEOG]

      Parte dun dobramento a cada un dos lados da bisagra.

    3. [HERÁLD]

      Cada un dos puntos, dereito ou esquerdo, situados no costado do escudo.

    4. [HERÁLD]

      Cada un dos espacios laterais contiguos aos bordos do costado dun escudo.

    5. [MAR]

      Cada un dos costados ou bordos dunha nave.

    6. [BÉL]

      Parte lateral dunha formación militar.

    7. [TECNOL]

      Superficie lateral do dente dunha engrenaxe.

  3. s m [FÍS]

    Parte principal da subida ou da baixada dun impulso. Pode servir para a activación dun circuíto flip-flop.

  4. s m [BÉL]
    1. Parte do baluarte que forma ángulo coa cortina.

    2. Cada un dos muros que unen o recinto fortificado coas caras dun baluarte.

  5. s m

    Muro común entre dous corpos dun edificio que forman ángulo.

Palabras veciñas

flámula | flan | Flanagan, Hallie | flanco | Flandres | Flandres | Flandres Occidental