bocado
(< boca)
-
s
m
Parte de alimento que se mete dunha vez na boca.
Ex: Con eses bocados tan grandes que metes na boca vaste esganar.
-
s
m
Acción na que se arrinca un cacho dun alimento cos dentes.
Ex: Dáme un bocado dese pastel que traes.
-
s
m
Anaco dun alimento que se arrinca coa boca.
Ex: Comeu a chula en dous bocados.
-
s
m
Mordedura ou ferida que se fai cos dentes.
Ex: Deulle un bocado no brazo e deixoulle os dentes marcados.
Sinónimos: chantada, dentada, trabada, trabadela, trabadura, mordedela, mordedura. -
s
m
Comida apetitosa.
Ex: Ofreceunos distintos bocados cando chegamos á súa casa.
-
s
m
Espacio de tempo moi curto. OBS: Nesta acepción adoita empregarse o diminutivo, bocadiño.
Ex: Só tardou un bocado en ir e vir. Tráiocho nun bocadiño.
Sinónimos: instante, intre, retrinco, momento. Confrontacións: anaco. -
s
m
Parte do freo que entra na boca das cabalgaduras e que se emprega para dirixilas.
Ex: Ponlle o bocado ó cabalo que imos marchar.
Sinónimos: bocal. -
s
m
Freo dunha cabalería.
Ex: Para saberes montar a cabalo, o primeiro que tes que aprender é a frear o animal co bocado.
Sinónimos: bocal. -
s
m
[PESCA]
Parte curva do anzol.
-
s
m
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bocado’.
Frases feitas
-
Comer nun bocado. Comer ás présas.
-
De alí a un bocado. Un pouco de tempo máis tarde.
-
Non haber/ter para un bocado. Ser moi escasa a comida ou non ter medios económicos.
-
Comer o bocado de Adán. Ser servido en último lugar, en castigo de ingratitude e mala correspondencia.
-
Contarlle a alguén os bocados. Fixarse no que come ou terlle envexa do que come.
-
Meterlle a alguén un bocado na boca. Dar de comer a quen o necesita.
-
Non pasar bocado. Non ser capaz de comer por ausencia de apetito.
-
Saír co bocado na boca. Marchar ao acabar de comer.
-
Ser algunha cousa bocado caro. Aplícase a algún produto cando polo seu prezo non está ao alcance de todo o mundo.
-
Ser un bocado de pan. Aplícase á persoa moi boa e que é de fiar.
-
Tomar un bocado. Comer algunha cousa para entreter o estómago.
-
Un bocadiño para un neno que se desteta. Moi pouca cantidade.