bocadillo

bocadillo

(< bocado)

  1. s m [ALIM]

    Porción de pan aberta en dúas metades en forma de rebandas entre as que se coloca xamón, queixo, chourizo ou calquera outro alimento.

    Ex: Comín un bocadillo na praia á hora do xantar, pero agora volvo ter fame.

  2. s m [ESPECT]

    Nunha obra de teatro, intervención dun actor no diálogo cando consiste en poucas palabras.

    Ex: Aínda que é moi nova, xa fixo varios bocadillos en obras importantes e agora vaise estrear unha obra na que é actriz principal.

  3. s m [IMAX]

    Oco en branco con diversas formas que aparece nos cómics, chistes ou gráficos, encerrando as palabras e as expresións dos personaxes.

    Ex: Estes debuxos teñen os bocadillos en branco para que os enchades vós.