momento
(< lat momentu)
-
s
m
Espazo de tempo mínimo ou extremamente curto.
Ex: Non tiven nin un momento para te chamar. OBS: Nesta acepción adoita empregarse tamén en plural co mesmo significado que en singular. Ex: Dentro dun(s) momento(s) comezará a canción.
Sinónimos: instante. -
s
m
Tempo preciso en que ocorre algo.
Ex: No momento en que chegou chamaron por teléfono. OBS: Nesta acepción adoita empregarse tamén en plural co mesmo significado que en singular. Ex: Pediu auxilio, pero naquel(es) momento(s) non había ninguén na casa.
Sinónimos: intre. -
s
m
Tempo oportuno para facer algunha cousa ou para que se faga realidade un desexo, un propósito.
Ex: Xa está chegando o momento de que lle digas o que pensas.
-
s
m
Espazo de tempo máis ou menos longo caracterizado polo seu contido.
Ex: Pasamos moi bos momentos os catro xuntos.
-
s
m
[MAT]
Dada unha variable aleatoria X, e sendo f(x) a súa función de densidade, valor m r dado pola fórmula
FORMULA
m r = c ? -? (x - a) r f(x) dx,
en que a é un número real fixado e r é un número natural que determina a orde do momento. -
s
m
[MAT]
alor determinado polo parámetro na representación paramétrica dunha curva. Este parámetro, en física, é sempre o tempo.
-
[FÍS]
-
momento angular respecto a un punto
Dado unha partícula en movemento e un punto arbitrario A, momento do vector momento lineal da partícula respecto ao punto A. O momento angular denomínase tamén momento cinético e cantidade de movemento angular e, no caso dun sistema de partículas, defínese como a suma dos momentos angulares das partículas do sistema. A propiedade que fai interesante o movemento angular establécea o denominado teorema do momento angular, segundo o que, baixo condicións moi xerais, a derivada temporal do momento angular respecto a un punto A é igual ao momento resultante, respecto ao punto A, do sistema de forzas exteriores que actúan. Un corolario inmediato deste teorema é o denominado teorema da conservación do momento angular, segundo o que o momento angular dun sistema de partículas é constante se sobre o sistema non actúa ningún momento exterior de forzas.
-
momento de inercia
momento de inercia.
-
momento dipolar
Dada unha distribución de cargas eléctricas en repouso, coeficiente do termo 1/r 2 que aparece ao desenvolver o potencial creado polas cargas nun punto do espazo en serie de potencias de 1/r. Analogamente, denomínase momento cuadripolar, octopolar, etc, aos respectivos coeficientes dos termos 1/r 3 , 1/r 4 , etc, desta serie. Un desenvolvemento análogo do potencial vector do campo magnético dá lugar aos momentos dipolares, cuadripolares, etc, magnéticos, coincidindo o primeiro deles co denominado momento magnético dunha espira.
-
momento dun vector respecto a unha recta
Dado un vector e unha recta, compoñente segundo a recta do momento do vector respecto a un punto calquera da recta. Pódese demostrar que este compoñente non depende do punto da recta escollido. No caso de que o vector represente unha forza, denomínase momento da forza respecto á recta. Nun sistema de vectores, denomínase momento resultante do sistema de vectores respecto á recta, á suma dos momentos de cada un dos vectores respecto á recta.
-
momento dun vector respecto a un punto
Dado un punto A e un vector v aplicado nun punto P, vector M igual ao produto vectorial do vector AP polo vector v, é dicir, M = AP = v. No caso de que o vector v represente unha forza, o vector M denomínase momento da forza respecto ao punto A. Se no caso de que nun único vector v hai un sistema de vectores, denomínase momento resultante do sistema de vectores respecto ao punto A, á suma dos momentos de cada un dos vectores respecto ao punto A. No caso particular de que o sistema de forzas sexa un par de forzas, o momento resultante denomínase momento do par.
-
momento estático dunha superficie
alor numérico da integral cydS, en que dS é un elemento de superficie e y é a distancia desde este elemento ao eixe que se toma como referencia.
-
momento lineal
Dado un corpo de masa m que se move cunha velocidade v, vector p definido pola fórmula p=mv. Denomínase tamén cantidade de movemento e é, en física, unha magnitude fundamental. Así, por unha banda, a segunda lei de Newton pódese formular en termos de movemento lineal por medio do denominado teorema do movemento lineal, segundo o que a derivada temporal do movemento lineal dun corpo é igual á forza que actúa sobre el, é dicir, dp/dt=F, ou ben por medio do teorema do impulso, que é a forma integrada do teorema do momento lineal. Por outra banda, no caso dun sistema de corpos, a lei de conservación do momento lineal do sistema, definido como a suma dos momentos lineais dos compoñentes, constitúe unha das ferramentas máis útiles da física.
-
momento magnético
Dada unha espira pola que circula unha corrente de intensidade I, vector μ definido pola fórmula μ = Is, en que s é un vector perpendicular ao plano da espiral, de sentido dado pola regra da man dereita e de módulo igual á superficie da espiral. Denomínase tamén momento dipolar magnético. Asóciase tamén un momento magnético ás órbitas pechadas que poden seguir as cargas eléctricas en voo, como poden ser as dos electróns atómicos nos modelos de Rutherford e Bohr.
-
momento magnético dun imán
Produto da masa magnética dun dos polos pola distancia que hai entre eles.
-
momento magnético intrínseco
Magnitude cuántica, sen ningún análogo clásico, que se atribúe ás partículas elementais e aos núcleos atómicos e que mide os efectos magnéticos que non se poden atribuír a movementos espaciais das cargas. Ten moita relación co spin das partículas. No caso do núcleo atómico, denomínase momento magnético nuclear.
-
momento angular respecto a un punto
-
[CONSTR/TECNOL]
-
momento de engaste
Momento flexor que actúa sobre a sección transversal dunha viga a rentes do seu engaste.
-
momento de inercia dunha sección
Para unha sección dunha viga, valor numérico da integral cy 2 dS, onde dS é un elemento de superficie desa sección, e y 2 o cadrado da distancia desde este elemento ao eixe neutro.
-
momento de torsión
Suma alxébrica de todos os pares que, nun eixe sometido a torsión, se sitúan a unha banda da sección considerada.
-
momento flexor/de flexión
Suma alxébrica dos momentos, respecto ao eixe neutro da sección dunha viga, de todas as forzas exteriores situadas a unha banda da sección.
-
momento polar de inercia
alor da integral
FORMULA
De/2
c(2r)d r
D1/2
que aparece no cálculo de esforzos dunha árbore ou eixe cilíndrico, de diámetro exterior D e e diámetro interior D i , cando se somete a torsión. -
momento resistente
Momento que, en cada sección dunha viga, equilibra o momento flexor.
-
momento de engaste
-
teorema dos momentos
[MAT]
teorema de Varignon.
-
momento de cabeceo
[AERON]
Momento M, respecto a calquera punto, da resultante das forzas aerodinámicas que actúan sobre unha á. En xeral, é función da sustentación, pero hai un punto denominado centro aerodinámico, respecto ao que o coeficiente de momento é constante.
-
momento de estabilidade
[MAR]
Momento do par de estabilidade dun corpo e especialmente dunha nave que flota. As dúas forzas deste par son o desprazamento, que actúa de arriba a abaixo sobre o centro de gravidade, e a resultante da presión que exerce a auga sobre o buque, que actúa de abaixo a arriba e se considera que o fai sobre o centro de presión. O momento de estabilidade é o produto do desprazamento polo brazo do par.
Frases feitas
-
A cada momento. Moi a miúdo.
-
Nun momento. Rapidamente, tardando moi pouco tempo.
-
Ao/ó momento. Sen tardar.
-
De momento/Polo momento. Refírese ao momento actual ou ao que se toma como punto de referencia.
-
En todo momento. En calquera tempo ou situación.