bocal
bocal
(< boca)
-
s
m
[MÚS]
Peza con forma de embude, na que se apoian os beizos para soprar nos instrumentos de vento.
Ex: Tes que colocar ben os beizos no bocal ou non vas conseguir que che soe a trompeta.
Sinónimos: boquilla, embocadura. -
s
m
Peza que pode estar feita de diferentes materiais e que se coloca no fociño dos cans para que non traben, e no dos cabalos ou bestas de tiro para que non paren a comer.
Ex: Ponlle o bocal á burra para ir buscar a herba ó prado.
Sinónimos: buceira, buzo, embozo. Confrontacións: vetillo. -
s
m
Peza do freo en forma de barra que entra na boca dos cabalos e que se emprega para dirixilas.
Sinónimos: bocado, embocadura. -
s
m
O freo da cabalgadura.
Sinónimos: bocado. -
s
m
Boca do canón de artillería.
-
s
m
Abertura do candeeiro onde se coloca a candea.
-
s
m
Boca de calquera vasilla.
-
s
m
Peitoril na boca dun pozo.