boquilla

boquilla

(< dim cast de boca)

  1. s f [MÚS]

    Peza ou parte extrema dos instrumentos de vento que se introduce na boca e produce o son ao soprar.

    Ex: A trompeta ten a boquilla de prata.

    Sinónimos: bocal, embocadura.
  2. s f
    1. Parte na que remata o cigarro, onde vai o filtro, e pola que normalmente se terma del.

    2. Cano de resina, cana ou madeira, que se adapta ao extremo do cigarro ou do pito para fumalo.

    3. Parte das pipas de fumar que está en contacto coa boca do fumador ou calquera outra cousa semellante á boquilla do cigarro.

      Sinónimos: embocadura.

Palabras veciñas

boquelo | Boquerón | boquexar | boquilla | boquilleiro -ra | boquique | Bor