bocalán -na

bocalán -na

(< boca)

  1. adx e s

    Que ou quen blasfema ou di groserías.

    Ex: Dun bocalán só poden saír palabras groseiras. Con esas afirmacións só demostra que é unha persoa bocalana.

    Sinónimos: bocapodre.
  2. adx e s

    Que ou quen fala por presumir, mentindo ou esaxerando.

    Ex: É un bocalán, sempre anda a dicir todos os cartos que ten gardados no banco. Non aturo ás persoas bocalanas que sempre esaxeran.

    Sinónimos: fantoche.
  3. adx e s

    Persoa que fala demasiado.

    Ex: Fala e fala sen parar, é un verdadeiro bocalán.

Palabras veciñas

Bocairent | bocal | bocalada | bocalán -na | bocalexida | bocallada | Bocamaos