morder

morder

(< lat mordēre)

  1. v t

    Apertar algo con forza entre os dentes.

    Ex: Ten o costume de morder as uñas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Coidado co can, que morde. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Dous poldros a un can, ben o morderán. Vale máis lambendo que mordendo. Ao can mordido todos o morden. A morte por todo morde”.

    Sinónimos: abocar, trabar.
  2. v t

    Coller unha máquina ou ferramenta entre as súas partes unha cousa de maneira accidental.

    Ex: A nova empaquetadora mordeulle unha man e agora está de baixa.

  3. v t

    Quitar pequenas porcións a algo.

    Ex: O rapaz mordía o chocolate sen parar.

    Sinónimos: adentar.
  4. v t

    Corroer algo unha substancia ou un corpo.

    Ex: O ácido derramado mordeu a mesa onde caeu.

  5. v t

    Causar inquietude no ánimo.

    Ex: Mórdeo a curiosidade.

Frases feitas

  • Estar/vir que morde. Estar alguén moi anoxado ou enfadado.

  • Morder a lingua. Obrigarse a non falar.

Refráns

  • Can que morde non ladra en van.
  • Se te morde a donicela, busca camisa para a terra.
  • Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañá che darán terra.
Conxugar
VERBO morder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordo
mordes
morde
mordemos
mordedes
morden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordía
mordías
mordía
mordiamos
mordiades
mordían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordín
mordiches
mordeu
mordemos
mordestes
morderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordera
morderas
mordera
morderamos
morderades
morderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morderei
morderás
morderá
morderemos
morderedes
morderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordería
morderías
mordería
morderiamos
morderiades
morderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morda
mordas
morda
mordamos
mordades
mordan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
mordese
mordeses
mordese
mordesemos
mordesedes
mordesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morder
morderes
morder
mordermos
morderdes
morderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
morde
-
-
mordede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
morder
morderes
morder
mordermos
morderdes
morderen
Xerundio mordendo
Participio mordido
mordida
mordidos
mordidas