morder
(< lat mordēre)
-
v t
Apertar algo con forza entre os dentes.
Ex: Ten o costume de morder as uñas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Coidado co can, que morde. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Dous poldros a un can, ben o morderán. Vale máis lambendo que mordendo. Ao can mordido todos o morden. A morte por todo morde”.
Sinónimos: abocar, trabar. -
v t
Coller unha máquina ou ferramenta entre as súas partes unha cousa de maneira accidental.
Ex: A nova empaquetadora mordeulle unha man e agora está de baixa.
-
v t
Quitar pequenas porcións a algo.
Ex: O rapaz mordía o chocolate sen parar.
Sinónimos: adentar. -
v t
Corroer algo unha substancia ou un corpo.
Ex: O ácido derramado mordeu a mesa onde caeu.
-
v t
Causar inquietude no ánimo.
Ex: Mórdeo a curiosidade.
Frases feitas
-
Estar/vir que morde. Estar alguén moi anoxado ou enfadado.
-
Morder a lingua. Obrigarse a non falar.
Refráns
- Can que morde non ladra en van.
- Se te morde a donicela, busca camisa para a terra.
- Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañá che darán terra.
Palabras veciñas
mordedura | mordenita | mordente | morder | mordida | Mordillo Menéndez, Guillermo | mordobreIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordo
mordes
morde
mordemos
mordedes
morden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordía
mordías
mordía
mordiamos
mordiades
mordían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordín
mordiches
mordeu
mordemos
mordestes
morderon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordera
morderas
mordera
morderamos
morderades
morderan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles morderei
morderás
morderá
morderemos
morderedes
morderán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordería
morderías
mordería
morderiamos
morderiades
morderían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles morda
mordas
morda
mordamos
mordades
mordan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles mordese
mordeses
mordese
mordesemos
mordesedes
mordesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles morder
morderes
morder
mordermos
morderdes
morderen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
morde
-
-
mordede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles morder
morderes
morder
mordermos
morderdes
morderen
mordida
mordidos
mordidas