adentar

adentar

(< dente)

  1. v t

    Arrincar cos dentes anacos dalgunha cousa.

    Ex: O rapaz adentaba o queixo como se fose un rato.

    Sinónimos: afocañar, amosegar, amozcar, anozcar, ataniscar.
  2. v t

    Deixar a pegada dos dentes nalgunha cousa, mordendo con forza.

    Ex: Deixa de adentar o pan!

  3. v t

    Darlle a forma dentada a un obxecto ou ferramenta.

    Ex: Adentaron as rodas do carro. Cando entraron no alboio estaba a adentar a serra.

  4. v t

    Facer unha incisión nas castañas para que ao asalas non estoupen.

    Ex: Na festa do magosto adéntanse as castañas antes de asalas.

    Sinónimos: amordicar, amosegar, anozcar, ataniscar.
  5. v t

    Encaixar dous elementos tomando como guía as súas formas dentadas.

    Ex: Adentamos as engrenaxes de tal xeito que funcionou a máquina.

  6. v i

    Comezar a saír os dentes.

    Ex: O neno adentou e xa pode comer cousas máis duras.

    Sinónimos: dentar, endentecer.

Formas incorrectas

mordiscar

Palabras veciñas

Adenostyles | adenovirose | adenovirus | adentar | adentros | adepto -ta | Ader, Clement
Conxugar
VERBO adentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adento
adentas
adenta
adentamos
adentades
adentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentaba
adentabas
adentaba
adentabamos
adentabades
adentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentei
adentaches
adentou
adentamos
adentastes
adentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentara
adentaras
adentara
adentaramos
adentarades
adentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentarei
adentarás
adentará
adentaremos
adentaredes
adentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentaría
adentarías
adentaría
adentariamos
adentariades
adentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adente
adentes
adente
adentemos
adentedes
adenten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentase
adentases
adentase
adentasemos
adentasedes
adentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentar
adentares
adentar
adentarmos
adentardes
adentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
adenta
-
-
adentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
adentar
adentares
adentar
adentarmos
adentardes
adentaren
Xerundio adentando
Participio adentado
adentada
adentados
adentadas