Adenostyles
Adenostyles
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas, que teñen os foscículos dos capítulos de coloración púrpura ou branca, dispostos en corimbos e follas alternas. En Galicia está presente a especie A. alliariae que se atopa nas montañas e lugares sombríos da zona oriental.