mordobre

mordobre
  m [LIT]

Recurso estilístico da lírica galega-portuguesa medieval que consiste na repetición, tanto en posición de rima como en posición interna, dunha palabra con variación morfolóxica en todas as cobras da cantiga e na fiinda. Existe mordobre imperfecto cando este procedemento non se verifica en todas as estrofas ou se presenta a distinta altura estrutural.