mordomo
(< lat maior + domu ‘casa’)
-
s
m
[HIST]
Administrador da casa e dos bens fiscais dun rei. Entre os francos (ss VI-VII), a posesión deste cargo foi unha forma de rexencia do reino, de xeito que o mordomo gozaba de poder real. O exemplo máis representativo contituírono os Pipinos, que foron os mordomos de palacio dos merovinxios que controlaron o reino dos francos durante os ss VII e VIII, ata a fundación da dinastía carolinxia por Pipino I o Breve (751), momento en que desapareceu o cargo.
-
s
m
Xefe da servidume dunha casa.
Ex: Aceptárono como novo mordomo da casa polas boas referencias que tiña.
-
s
m
Persoa que se encarga de administrar os bens de confrarías ou irmandades.
Ex: A procesión estaba encabezada polo alcalde da vila e o mordomo da confraría.
-
s
m
Persoa que organiza a festa dunha parroquia.
Ex: A banda foi contratada porque o mordomo era familiar dun dos músicos.