mordente
(< ital mordente)
-
s
m
[QUÍM/IND]
Ácido, lixivia ou calquera substancia corrosiva, que se emprega no tratamento dos metais para atacalos na superficie.
-
s
m
[GRÁF]
Substancia que conteñen algunhas tintas tipográficas para fixalas con máis ou menos intensidade.
-
s
m
[GRÁF]
Peza do divisorio que, a xeito de regra dobre, serve para prender o orixinal e marcar a liña que o caixista está compoñendo.
-
s
m
[TÉXT]
Substancia que, aplicada a unha fibra téxtil, serve para absorber o colorante. Ten a propiedade de formar, con certos colorantes que presentan pouca ou ningunha afinidade pola fibra, un complexo insoluble de cor, chamado laca, que queda fortemente fixado á fibra.
-
s
m
[MÚS]
Adorno musical que consiste en alternar a nota escrita na partitura coa inmediata inferior ou superior no tempo que ocupa a nota escrita.