Yebra Martúl-Ortega, Perfecto

Yebra Martúl-Ortega, Perfecto

Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Financeiro na Universidade de Santiago de Compostela, foi deputado por UCD (1977-1982), membro do Consello de Europa (1979), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988) e maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1993). Vogal do Padroado do Museo do Pobo Galego, das súas obras destacan La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas (1971), Castelao e a facenda galega (1989), Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn (1991) e Constitución financiera española: veinticinco años (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Habana