Yellowstone
Yellowstone
Río do NO de EE UU, afluente do Missouri, con 1.080 km de percorrido. Nace nas vertentes da cima Yount dos montes Absaroka, ao NO do estado de Wyoming, penetra no Yellowstone Nacional Park e baixa en fervenzas cara ao Parque de Gardiner (Montana). Desemboca no Missouri, preto de Buford, en Dakota do Norte. Os seus principais tributarios son o Bighorn, o Tongue e o Powder.