Young, módulo de

Young, módulo de
[FÍS]

Relación entre a tracción á que se atopa sometido un corpo e o alongamento que experimenta a causa dela. O módulo de Young, E, está determinada por un fío metálico, cilíndrico, dunha lonxitude L e dunha sección S, que sometida a unha tracción F sofre un alongamento l, pola fórmula E= L/l F/S. OBS: Tamén se denomina módulo de elasticidade.