Young, Plan

Young, Plan

Acordo proposto por Owen D. Young (1874-1962) e subscrito en 1929, co fin de establecer de novo as normas das reparacións de guerra que os alemáns debían pagar aos aliados, posto que non se completara no Plan Dawes. A crise económica de 1929 anulouno.