1 x

1 x
  1. s m [ESCR]

    Vixésimo segunda letra do alfabeto galego, denominada xe.

  2. s m [FILOL/LING]

    Grafía que representa o fonema consonántico prepalatal fricativo xordo /ʃ/. Nas palabras patrimoniais en posición explosiva realízase como [ʃ] e pode darse en sílaba inicial ou interior (xamón [ʃa’mo˜], caixa [‘kaiʃa]). En posición implosiva conserva o valor latino de [ks] nos cultismos. Diacronicamente a grafía <x> procede de: a) a semiconsoante palatal latina que consonantiza e desemboca nunha fricativa prepalatal sonora [Z] co posterior enxordecemento no galego moderno (xogo < IŎCU); b) a palatalización espontánea do s- en posición inicial (xordo < SŬRDU); c) o grupo -DJ- que evoluciona a fricativa prepalatal sonora [Z], modernamente enxordecido (hoxe < HŎDĬE); e d) o grupo -KS- que en posición intervocálica vocaliza en /i/ o primeiro elemento, provocando a palatalización da consoante fricativa alveolar (teixo < TAXU). Tamén procede da evolución do grupo -PS- en palabras como CAPSA > caixa, CAPSU > queixo e CAPSĔLLU > couselo, que só é explicable por unha equivalencia entre este grupo e -KS-.

Palabras veciñas

Wye | Wyler, William | Wyoming | 1 x | 2 x | X | 1 xa