Wyoming

Wyoming

Estado de EE UU (253.326 km2; 493.782 h [2000]). A súa capital é Cheyenne (53.011 h [2000]). Limita cos estados de Dakota do Sur e Nebraska ao L, Colorado e Utah ao S, Idaho e Montana ao O e tamén Montana ao N. O seu relevo é moi montañoso, e ata el chegan os contrafortes das Rochosas ao S, coas Laramie Mountains, as Medicine Bow Mountains e o Park Range, onde se acada a altitude máxima con 3.700 m. No extremo noroeste do estado, está o Parque Nacional de Yellowstone. Os seus recursos minerais son abundantes. A actividade agrícola dedícase á forraxe e a actividade industrial deriva da minaría e da silvicultura. Refuxio das tribos indias que fuxiron da colonización branca, constituíuse territorio en 1868 e foi admitido como estado da Unión en 1890.

Palabras veciñas

Wycliffe Wyclef | Wye | Wyler, William | Wyoming | 1 x | 2 x | X