Xacarta

Xacarta

Capital de Indonesia que forma un distrito urbano propio (590 km2; 8.389.443 h [2000]). Está situada no O da illa de Xava, cerca da desembocadura do Tjiliwung. É un centro comercial grazas ao porto de Tanjungpriok con industrias alimentaria, do xabón, artes gráficas, téxtil, de plásticos, naval, metalúrxica e outras. Fundada en 1619 polos holandeses co nome de Batavia, tomou o nome actual en 1945 e converteuse en capital en 1950. Foi sede da oficina central da Compañía Holandesa das Indias Orientais e do goberno de Holanda en Insulindia.