xamán

xamán

(

s m [RELIX/ETN]

Sacerdote do pobo tunguso que se cre en contacto co máis alá e que exerce un poder sobrenatural. Unha persoa pode converterse en xamán por designación tribal ou por inspiración mística, pero adoitan ser inicialmente determinantes certos factores psicopatolóxicos que evidencia o aspirante. Das súas funcións específicas están a de curandeiro de enfermidades psicofísicas, a de exorcista, a de oráculo, a de guía para despois da morte e, sobre todo, a de intermediario entre o plano de existencia terreal e o das rexións celestiais e infernais.

Palabras veciñas

Xamaica | xamaicano -na | xamais | xamán | xamanismo | xamaraina | xamardaxe