xantodermo -ma

xantodermo -ma

(< xanto- + -dermo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao grupo xantodermo ou aos seus representantes.

  2. s [ANTROP/FISIO]

    Individuo do grupo xantodermo.

  3. grupo xantodermo [ANTROP/FISIO]

    Grupo de razas humanas, orixinario de Asia, de pel con pigmentación variable, desde moi pálida ata considerablemente escura. Caracterízanse por unha pregadura palpebral máis ou menos pronunciada, os cabelos lisos e moi escuros e unha tendencia moi clara á braquicefalia. Comprende as razas paleosiberiana, normongol, sínida, surmongol, indonesia, polinesia, esquimó e amerindia, esta última exclusiva do continente americano. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

xanto- | xantocromía | xantodermia | xantodermo -ma | xantodonte | xantofíceo -a | xantofila