Xapón, mar de
Xapón, mar de
Mar do Océano Pacífico comprendido entre o arquipélago xaponés e as costas orientais do continente asiático. Únese ao mar da China Oriental polo estreito de Corea, ao Pacífico polo estreito de Tsugaru e ao Mar Interior polo estreito de Shimonoseki. Ao N, os estreitos de La Pérouse e de Tartaria sepárano do Mar de Okhotsk.