xarda

xarda

(

  1. s f [ANIMAL/ICT]

    Nome común que se lle atribúe a dúas especies do xénero Scomber, S. japonicus e S. scombrus, pertencentes á familia dos escómbridos.

    Sinónimos: cabala, rincha.
  2. s f [ANIMAL/ICT]
  3. s f [ANIMAL/ICT]

    Peixe teleósteo de ata 40 cm de lonxitude, co corpo alongado, fusiforme, estreito e comprimido lateralmente, cabeza cónica co bico apuntado e a boca grande. Ten a mandíbula inferior un pouco prominente, presenta un lóbulo carnoso a cada lado da mandíbula inferior, preto da xuntura co maxilar e amosa ollo medio provisto de pálpebras adiposas. A primeira aleta dorsal ten a marxe posterior cóncava e a segunda máis baixa e moi separada da anterior, cinco aletas dorsais e anais, as aletas pectorais e pélvicas moi pequenas e a aleta caudal en furca con lóbulos apuntados. Ten escamas moi finas, ausencia de vexiga natatoria, liña lateral case ausente e unha media de 35 bandas moi próximas e sinuosas estendéndose lixeiramente por debaixo da liña lateral. A coloración é azul aceirada no dorso e verde fusca con reflexos púrpuras e arxénteos ao se achegar á rexión ventral. Especie peláxica de superficie, aliméntase de sardiñas e doutros peixes pequenos, moluscos e crustáceos planctónicos. Ten alto valor comercial.

Palabras veciñas

xarantazo | xarapada | xarar | xarda | xardesco -ca | xardín | xardinaría