xardín
xardín
(< fr jardin)
-
s
m
Espazo de terreo delimitado, ordenado e plantado con vexetais non produtivos, que se destina ao lecer dos inquilinos dunha vivenda (xardín privado) ou de toda a veciñanza (xardín público).
-
xardín botánico
[BOT]
Xardín destinado ao cultivo de plantas con propósitos científicos. En Galicia destaca o Xardín da Vila de Padrón, con preto de 300 especies, e declarado Ben de Interese Cultural (1946).
-
xardín de infancia
[EDUC]
Establecemento onde se impartía a primera etapa do ensino preescolar aos nenos en idades comprendidas entre os 2 e os 4 anos.