Xelmírez, pazo de ou palacio arcebispal de Santiago de Compostela

Xelmírez, pazo de ou palacio arcebispal de Santiago de Compostela

Construído por Diego Xelmírez para substituír o anterior palacio destruído polas revoltas de 1117, está situado á beira da catedral, na praza do Obradoiro. Orixinariamente tiña dous pisos pero engadíuselle un terceiro no s XVIII, polo que foi necesario reforzar os muros con contrafortes. No interior destaca o pórtico románico na planta baixa que dá a un vestíbulo polo que se accede á sala de armas, dividida en nove tramos por catro grandes piares formados por un feixe de columnas que sosteñen as nervaduras das bóvedas. No piso superior atópanse o salón de banquetes, cuberto por cúpulas nervadas construídas no s XIII polo arcebispo Xoán Arias e no que destacan os capiteis historiados das columnas con representación de banquetes e festas medievais. Foi declarado BIC en 1931.

Palabras veciñas

xelma | xelmada | Xelmírez, Diego | Xelmírez, pazo de ou palacio arcebispal de Santiago de Compostela | Xelmírez, Pedro | Xelmirio | Xelmiro