Xelmirio
Xelmirio
Nobre, pai de Diego Xelmírez. Estivo ao servizo de Diego Páez, que lle encargou a custodia do Castellum Honesti, e foi gobernador de Iria e de todo o seu territorio dependente, que comprendía as comarcas da Maía e Posmarcos, entre o Ulla e o Tambre. Era un rico propietario con bens en Santiago de Compostela, Padrón e O Salnés.