Xenebra
Xenebra
Cantón de Suíza (282 km2; 406.700 h [2000]). A súa capital é Xenebra. Incluído no extremo occidental do lago Léman, forma como un estreitamento que se estende ata Francia. É un cantón moi poboado cunha maioría de poboación urbana de lingua francesa. Ten cultivos de cereais e viñas e críase gando bovino. A actividade industrial concéntrase na capital.