Xenofonte

Xenofonte

Historiador e político grego. Discípulo de Sócrates, loitou ao lado do poder oligárquico contra os demócratas e en 401 enrolouse sen éxito na expedición de Ciro de Persia. Tivo un papel significativo no retorno dos mercenarios gregos e, animado polas súas ideas aristocráticas e por unha actitude panhelénica hostil a Persia, comandounos (400) a favor de Esparta. Combateu nas filas espartanas en Coronea (394) contra os seus compatriotas atenienses, que o desterraron e lle confiscaron os bens. Instalouse primeiro en Esparta e máis tarde en Escilunte (386) e en Corinto. Das súas obras destacan Anábase ou Expedición dos Dez Mil, as Helénicas, a República dos lacedemonios (388), Axesilao e Ciropedia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Atenas

  • Deceso

    Lugar : Corinto