Xenxo
Xenxo
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do latín Genesius, nome de época cristiá, tomado do nome grego Genesios. Orixinariamente era un adxectivo que significaba ‘natalicio’ pero que só se aplicaba ás divindades que protexían unha estirpe nas súas sucesivas xeracións. Hai autores que o relacionan co latín genista ‘xesta’. Presenta as variantes Xes e Xens.